Máis de 300 persoas, segundo o comité de empresa, mobilizáronse na Coruña en rexeitamento ao expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) na refinería de Repsol, que afectará, segundo o anunciado pola empresa, a un máximo de 212 traballadores, un 31% do persoal.
A refinería de Repsol na Coruña iniciou este martes a construción dunha nova unidade de obtención de propileno grao polímero, "que permitirá mellorar a competitividade e eficiencia do complexo industrial", informa.