Centos de persoas participaron esta noite de venres na manifestación que percorreu as rúas do centro de Pontevedra para lembrar a desaparición de Sonia Iglesias, ocorrida o 18 de agosto de 2010.
Cans especializados na procura de persoas incorporáronse ao operativo posto en marcha desde este domingo para atopar ao home de 44 anos José Ángel Bandin Miguen que desapareceu o pasado sábado no municipio pontevedrés da Estrada.
A organización desmantelada dedicábase a tráfico de cocaína en España e Portugal e a Garda Civil logrou requisar ata 475 quilos de droga en dúas intervencións paralelas. Once dos 14 detidos foron arrestados en Pontevedra, dous en Valencia e un en Portugal. A organización utilizaba a tecnoloxía máis avanzada para introducir a droga desde o mar na Peninsula Iberica desde Sudamérica.
A Garda Civil destaca que se trata dunha organización criminal itinerante asentada en Ferrol con máis de 100 arrestos anteriores.