Máis de 100 grupos manifestaranse contra os touros en Pontevedra
A falta de aficción en Galicia provoca que en Pontevedra este ano só programen dúas corridas na súa feira, que volverá a ser criticada por unha protesta nas rúas
Uns 130 colectivos, partidos políticos e entidades trasladaron o seu apoio á manifestación convocada pola plataforma Touradas fóra de Pontevedra con motivo do día grande da feira taurina da Peregrina, o sábado 10 de agosto ás 20,00 horas na praza da Peregrina.
Nunha comparecencia de prensa celebrada este xoves una das portavoces desta plataforma, Vicky Estévez, informou de que a manifestación deste ano incidirá en la necesidade de modificar a Lei de Protección animal de Galicia para que inclúa as corridas de touros.
AS ELECCIÓNS, UNHA OPORTUNIDADE
Neste sentido lembraron que o próximo ano hai eleccións autonómicas en Galicia e no caso de que os políticos contrarios a estes eventos teñan maioría, sería "máis fácil", ao seu xuízo, conseguir erradicalos.
MENOS CORRIDAS EN PONTEVEDRA ESTE ANO
A plataforma Touradas fóra de Pontevedra fixo especial fincapé no menor do número de afeccionados pola tauromaquia na cidade do Lérez, o que lles leva a concluír que o armazón taurino "está en crise" porque cada vez reducen máis a súa actividade e este ano limitan as citas da feira taurina a tan só dúas xornadas na fin de semana dos días 10 e 11 de agosto.
"Sendo a única praza de Galicia, nin con esas conseguen encher a praza", afirmaron as portavoces de Touradas fóra de Pontevedra que fan un chamamento a toda a cidadanía galega para que secunden a protesta xa que "é o momento de facer forza".
As reivindicacións deste colectivo tamén están dirixidas ao Concello de Pontevedra e ao convenio que cada ano asinan cos empresarios propietarios da praza de touros de San Roque, os irmáns Lozano, para o uso das instalacións.
"Pedimos que dean un paso máis e boten abaixo ese convenio dunha vez por todas", indicou Vicky Estévez en nome dun colectivo que considera que ese acordo "é unha subvención encuberta coa que lle están dando diñeiro ao lobby taurino". Ademais, engadiron que as corridas de touros "danan a imaxe" da cidade.
A manifestación incluirá a lectura dun manifesto por parte dunha persoa pública que rexeita os malos tratos animais cuxa identidade se dará a coñecer a próxima semana.
🔴MOBILIZACIÓN ANTITOURADAS
— TouradasforadePtv (@TouradasforaPtv) July 17, 2019
Facemos pública a mobilización contra a barbarie taurina que se celebrará ou vindeiro sábado 10 de agosto e que partirá ás 20:00 desde a Praza dá Peregrina (Pontevedra).
Axúdanos a difundir masivamente!
Agora abolición! #TouradasNon pic.twitter.com/ryyxHp1mo4
Escribe o teu comentario