O Goberno confirma que a nave das Somozas onde se incautaron 4.000 plantas de marihuana pertence a Solucións Poligráficas. A empresa recibiu para construírla millóns de axudas do IGAPE, o Ministerio de Industria e o Banco Europeo. Varios traballadores indican que a imprenta seguía funcionando polo menos ata maio, cando imprimiu papeletas electorais para os comicios locais.