María Ferreiro é a nova secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, elixida no IX Congreso do sindicato celebrado en Lalín o pasado 29 de novembro. Gandeira preocupada polo devir do rural, aposta por novas políticas capaces de axudar a manter poboación no campo e para iso reclama aumentar os servizos dentro do ámbito rural para evitar tamén o peche de explotacións. A aparición da peste porcina preocúpalle porque é un exemplo de como poden reaparecer enfermidades que se consideraban erradicadas e aposta pola prevención.
A recente aparición da Peste Porcina Africana (PPA) en Cataluña xerou unha situación de alarma e incerteza no potente sector porcino de Galicia. De momento non se rexistraron casos, pero o medo é latente: entre o 80 e o 90% da carne producida destínase á exportación
A Xunta estudará bonificar as taxas aos tecores que superen este límite
O Ministerio de Agricultura confirmou a identificación da Xeorxia 2007 este venres, tras recibir os resultados da análise molecular realizado no Centro de Investigación en Sanidade Animal (CISA-INIA) en Valdeolmos (Madrid)