Entrevista a quen ten moitas papeletas para ser o próximo portavoz do PP no Congreso. O ideólogo de Alberto Nuñez Feijóo aborda, entre outros temas, os pactos postelectorais e as claves do programa en aspectos como pensións ou lingua. Unha conversación que forma parte das entrevistas de Galiciapress con candidatos de todas as forzas ás que as enquisas lles conceden posibilidades de sacar deputado por algunha das provincias de Galicia.
O Parlamento de Galicia rexeitou este luns a proposta de cesamento de Milagrs Otero á fronte do Valedor do Pobo nunha votación secreta e en urna no hemiciclo que se saldou cos 34 votos a favor dos grupos da oposición --En Marea, PSdeG e BNG--, 38 abstencións --PP-- e un en contra.o
Milagres Otero abusou do seu poder para colocar indebidamente a María Puy Fraga nun posto, confirma o Tribunal Supremo, poñendo así de novo no disparadero á polémica Valedora do Pobo, cuxa dimisión leva meses reclamando a oposición e a quen o PPdeG amagó no seu día con deixar caer
O Partido Popular de Galicia segue sen desvelar oficialmente a quen apoia no Congreso Extraordinario. Agora ben, o seu portavoz parlamentario xa apunta a que prevé un voto homógeno. Entre os dous candidatos, Casado é o favorito da cúpula conservadora, salvo Baltar, que non acode ao acto de ex-portavoz.
O PPdeG non dará a coñecer ata este martes, tras unha reunión antes do comezo do pleno do Parlamento, a súa posición sobre se a valedora do Pobo, Milagros Otero, debe seguir ou non á fronte do alto comisionado da Cámara autonómica, despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulou un nomeamento tras detectar "desvío de poder" nun proceso de selección interno.
O Valedor do Pobo emitiu un comunicado no que defende que a actuación da institución. Pola súa banda, En Marea e o Partido Socialista esixen a dimisión de Milagros Otero, que, segundo a sentenza do TSXG, cometeu "abuso de poder" e "arbitrariedade" ao designar á irmá do portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga