Borja Verea (Santiago de Compostela, 1980) lidera a oposición en Santiago de Compostela onde só unha diferenza de dous edís sepáranlle da maioría no pleno. A porta que abriu Gonzalo Muíños esta semana, ao afirmar que só apoiarían unha moción de censura no Pazo de Raxoi se Mercedes Rosón terminase como alcaldesa, foi atendida por un PP que cedía o bastón de mando a fin de provocar a caída de Goretti Sanmartín e a entrada do seu equipo nas concellarías. A resposta dos populares foi descartada polo non adscritos e Galiciapress entrevista a Verea para coñecer as súas impresións tras dous días nos que parecía moi próximo o cambio a corporación en Santiago. A súa proposta para un novo goberno, a "nefasta xestión" que, asegura, impera no Concello de Santiago ou asuntos como a taxa turística ou o transporte urbano, outros asuntos da conversación.
É unha iniciativa impulsada pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) que convida a reflexionar sobre a necesidade de ter unha vida "chea".