O Ministro de Sanidade, Salvador Illa, respondeu esta mañá ás preguntas de Galiciapress sobre o paso á fronte que dará Galicia o próximo 15 de xuño ao ser a primeira comunidade en entrar na nova normalidade.
A Xunta detallará novas condicións para establecementos hostaleiros e centros comerciais este sábado. Agora ben, Feijóo xa adianta que haberá algunhas restricións, porque o risco dun repunte do coronavirus segue aí, mesmo en cuestión de horas.
O anuncio do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, de dar o seguinte paso da desescalada e levar a Galicia á nova normalidade a próxima semana supoñerá para toda a comunidade a entrada en vigor do real decreto lei aprobado este martes.