En 2024, o Goberno avanzou que había estudos en marcha para a futura autovía Lugo-Ourense (A-56), pero sen calendario concreto, o que intensificou o malestar
A estrada N-540 que une Ourense con Lugo avivou nas últimas semanas o debate sobre o seu estado. A formación Interior Galego Vivo (IGV) enviou ao ministro de Transportes, Óscar Puente, unha misiva na que se lle reclamaba investimentos nesta vía e outras do interior galego “ante o lamentable estado” que presentan estas infraestruturas. Para Antón Fente, coordinador de IGV, a falta de investimento é unha mostra do abandono sistemático do interior galego