Ao contrario que no Estado, o desemprego baixou en Galicia o último mes. De feito, os 6.428 parados menos supoñen la mellor cifra de toda España. A variación en Galicia é de -3,36% en xuño respecto ao mes anterior, o que arroxa un total de 184.654 desempregados en Galicia, segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social publicados este xoves. O Ministerio interpreta que, sen o coronavirus, o paro tamén baixase no Estado.