O arquitecto Manuel Galego Jorreto (O Carballiño, Ourense, 1936) recibiu o Premio Nacional de Arquitectura 2018, que concede o Ministerio de Fomento, en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional, tras máis de cinco décadas marcadas "por unha arquitectura comprometida coa súa Galicia natal e caracterizada por un diálogo honesto entre os materiais tradicionais, os oficios e a modernidade".