A Xunta de Galicia abriu o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral.