O certo é que o suposto comprador, Liberty Steel, non está en condicións de comprar nada. Como moito, de sobrevivir coa axuda de centos de millóns de diñeiro público británico. Diñeiro que o Reino Unido xamais permitiría que se destinase a comprar unha fábrica en España.
Liberty House é a empresa que Estado e traballadores queren que compren Alcoa San Cibrao. Tamén é un competidor directo de Alcoa que atravesa recentes e graves problemas financeiros.