fevega

Os venezolanos en Galicia favorables a unha intervención que derroque Maduro: “Isto vai máis lento do que quixésemos”

O presidente da Federación de Venezolanos en Galicia (FEVEGA), Manuel Pérez, transmite o estado de ánimo da comunidade venezolana en terras galegas: "non existe un venezolano que estea tranquilo". As advertencias de Trump a Maduro sobre a súa presunta implicación co narcotráfico e a mobilización de tropas navais no Caribe, fixeron que venezolanos e venezolanas residentes en Galicia estean expectantes polo que poida suceder nos próximos días. Non reclaman unha invasión pero si existe unha sensación de que Maduro podería ser "entregado", mesmo defenestrado por membros do seu propio exército.

Manuel Pérez (FEVEGA): "Galicia pode recibir unha onda de venezolanos si mantense a ditadura de Maduro"

A escalada das tensións políticas entre España e Venezuela está a repercutir de forma clara sobre a colonia de venezolanos emigrados en Galicia, que mantén uns importantes lazos históricos e culturais co país suramericano -cerca do 7% dos emigrantes venezolanos en España residen en Galicia, segundo datos do INE de 2022-. Desde a Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) prestan axuda a todos os venezolanos que arriban á comunidade, xa sexan emigrantes retornados ou persoas sen ningún vínculo con Galicia. Á vista da persecución que o chavismo está a exercer sobre a oposición, Manuel Pérez, presidente de FEVEGA, explica a Galiciapress o aumento de solicitudes de información de venezolanos interesados en vir a Galicia, á vez que afirma que noticias como a detención de dous cidadáns españois por parte das forzas de Maduro nin lles resulta sorprendente nin cren que vaia ser algo anecdótico: “Si queres facer turismo de aventuras e con final complicado recomendo Venezuela”.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE