É notorio que en relación a amnistía e o financiamento especial para Catalunya hai membros destacados do PSOE e Sumar que están en contra, ou non os aproban, pero non cabe esperar que ningún parlamentario deses partidos vaia apoiar a iniciativa do PP. Máis aínda, con estas recusacións é máis que posible que partidos nacionalistas (PNV, JxCat) que, por semellanzas ideolóxicas, puideran ser os seus socios ou aliados (xa o foron noutras lexislaturas) non queiran saber nada dunha posible alianza e moito menos se nela entra Vox cuxo apoio resulta imprescindible. Unha estratexia trumpista que parece seguir alimentándose dunha visión errónea da fortaleza do goberno de quenda.
O comité de folga carga con dureza contra o presidente, ao que acusan de "bastas manipulacións".
Desde os partidos en Galicia recíbese a repartición de escanos con pouco entusiasmo, en xeral.