A web da BBC recolle unha reportaxe de Norman Miller anunciando que hai algo máis que Catedral e peregrinacións en Santiago. Sinala a arquitectura de vangarda e outros puntos históricos que merece a pena visitar e que contan con tanta historia como a catedral. Miller lembra tamén as dificultades que ás veces o propio turismo adoita traer á cidade como o aumento nos prezos da vivenda e nos alugueres.