electrointensivas

Unión sindical contra o Goberno para salvar os empregos de Alcoa, Alu Ibérica ou Ferroatlántica

As tres grandes centrais galegas manifestaranse xuntas para reclamar a Moncloa máis axudas que o estatuto das industrias electrointesivas, que ven insuficiente. Onte, Pablo Casado visitou Alcoa e esixiu que se aprobe ante das eleccións autonómicas.


Feijóo alerta que Moncloa favorece á industria catalá e vasca
Feijóo reprocha ao Goberno un intento de "cortar as ás" a Galicia coa súa política enerxética e industrial
Pontón: “Para que cambie realmente a Xunta, ese cambio teno que liderar o BNG”


“Se o pesadelo de Arrimadas é que o BNG goberne, fagámolo realidade”, di animosa a candidata do Bloque nesta entrevista en Galiciapress, a primera das conversas con candidatos que publicará este xornal. E é que Ana Pontón (Sarria, 1977) vese con forzas para superar a Gonzalo Caballero, a quen acusa de fuxir do debate co Bloque. De chegar á presidenica, promete que o primeiro que fará será derrogar a lei que limitou o ensino en galego. A situación de Ferroatlántica, Alcoa e Alu Ibérica; a crise no agro, a marcha de Villares e a investigación de PEMEX son outros puntos da entrevista, ademais da súa recente maternidade.

Alu Ibérica alerta que 320 empregos están en perigo nas antigas Alcoa A Coruña e Alcoa Avilés
Pide un prezo estable que lle permita reiniciar a produción de aluminio primario nas plantas da Coruña e Avilés e salvagardar os empregos
Néstor Rego ve "insuficiente" o estatuto electrointensivo pero mostra a súa boa sintonía cos socialistas
Tras reunirse co PSOE afirman que a mesa de traballo das Pontes comezará "previsiblemente" a próxima semana
"Onde está o estatuto?" Traballadores de Alcoa, Alu Ibérica e Ferroatlántica lémbranlle ao Goberno que non poden esperar máis
Centenares de traballadores reclamaron este mércores nas rúas de Madrid un futuro para a Industria e a adopción de medidas inmediatas para afrontar o alto custo da enerxía e frear os posibles peches de plantas, como o prometido estatuto electrointensivo: "Onde está o estatuto, o estatuto onde está?", corearon nas inmediacións do Congreso.
A ministra Yolanda Díaz promete que "en días" haberá estatuto de electrointensivas para salvar empresas como Alcoa San Cibrao
Díaz agradece que a patronal estea "a baixar o ton" e promete derrogar "inmediatamente" que artigo "que permite despedir estando enfermo"
A industria electrointensiva dáse cita o 22 de xaneiro en Madrid para unha "gran mobilización", con San Cibrao no aire

O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao (Lugo), José Antonio Zan, avanzou que se está xestando "unha gran mobilización" de "todas as empresas electrointensivas de España", prevista para o mércores 22 de xaneiro en Madrid.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE