Concertos, presentacións de libros, homenaxes, manifestacións, fogos de artificio ... Santiago asolágase estes días con centos de eventos ao fío da celebración do Día Nacional de Galicia. Tanto que son xa varias as formacións que este 2019 programan os seus eventos fóra de Compostela. Velaquí un resumo, non exhaustivo, do que se coce a nivel de actos políticos nos próximos días.
Na tradicional marcha por Santiago, Ana Pontón chamou á unidade fronte ao centralismo que frea o progreso.
Antón Sánchez quita importancia á división: "non ten a transcendencia que se interpreta ou que se lle quere dar".
Nin co Bloque, nin coas forzas políticas que conforman a confluencia, que convocaron polo seu lado os seus respectivos actos.
Ana Pontón anima a converter o día 25 de xullo nunha "gran mobilización social" de todos aqueles que "confían en Galicia".