O BNG lanza a convocatoria do 'Día da Patria', "a festa de todos os galegos"

Ana Pontón anima a converter o día 25 de xullo nunha "gran mobilización social" de todos aqueles que "confían en Galicia"


|

BNGPonton


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo un chamamento para converter o 25 de xullo, Día da Patria Galega, nunha "gran mobilización social [...] aberta a todos os galegos e galegas que confían en Galicia".


Deste xeito, o Bloque deu o pistoletazo de saída ao Día da Patria Galega no Consello Nacional celebrado este sábado 17 de xuño. "Como dicía Castelao, é a festa maior de Galicia: a festa de todos os galegos e galegas", agregou respecto diso.


A continuación, fixo fincapé en que "se algunha nación necesita forzas políticas propias, esa nación chámase Galicia". Por iso, subliñou a necesidade de "deixar claro" que "Galicia é unha nación" e que, por tanto, é preciso que se dea un debate sobre o marco actual.


"As nosas aspiracións non collen nun estatuto autoanémico", defendeu a tamén portavoz parlamentaria da organización frontista, xusto antes de lamentar que Galicia sexa "un país envellecido" e con "unha mocidade precarizada e emigrada".


Ante estes problemas, enxalzou "a rebeldía e o inconformismo" do BNG, á vez que chamou a "encher de dignidade e orgullo de ser galegos as rúas de Compostela e a Praza da Quintana".


Acto seguido, lamentou que Galicia non estivese presente no debate sobre os Orzamentos Xerais do Estado (PGE), feito que se repetiu, ao seu xuízo, no debate da moción de censura a Mariano Rajoy impulsada por Podemos, que finalmente non saíu adiante.


AP-9, AVE E TARIFA ELÉCTRICA


Tamén cargou contra o "agravio" das "desorbitadas" peaxes da AP-9; contra as "infraestruturas que non chegan", en alusión ao AVE; contra o feito de que Galicia non dispoña dunha tarifa eléctrica propia; e, por último, contra a actual situación que viven os mozos galegos, que ven en "a necesidade de emigrar por falta de oportunidades".


Por todo iso, a portavoz nacional do Bloque apostou por "poñer por diante" os "lexítimos intereses de Galicia".


ELECCIÓNS MUNICIPAIS


Con motivo do ecuador do mandato dos gobernos municipais, Ana Pontón cualificou aos municipios gobernados polo seu partido como "referentes de transformación real", ademais de ser, engadiu, "transparentes e libres de corrupción".


Todo iso, proseguiu, fai que os gobernos nacionalistas se atopen "nas antípodas do que representa o Partido Popular", a cuxos dirixentes ve "nerviosos" con respecto aos próximos comicios locais.


"Alberto Núñez Feijóo está a facer do transfuguismo a súa estratexia para as municipais, como vimos en Sanxenxo: unha alcaldía que conseguiron con escuras negociacións nos despachos", denunciou a dirixente nacionalista, para logo criticar que os populares lograsen "nos despachos" o que "non lles deron nas urnas".


"Esa é a carta de navegación de Feijóo para a próxima cita electoral", vaticinou a portavoz nacional do Bloque.

relacionada O histórico Telmo Martín volve á alcaldía de Sanxenxo once anos despois

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE