A oposición en pleno apoia a marcha dos operarios da CRTVG e CRTVE polas rúas de Santiago. A CRTVG opta por mirar cara a outro lado.
"O pouco que o galego existe no audiovisual sería nada de non existir a RTVG", expón o presidente da Mesa, Marcos Maceira
Galiciapress asiste á presentación das traballadoras e traballadores da CRTVG e a CRTVE, que saen á rúa o 8 de setembro para esixir uns medios públicos e de calidade, en contra da manipulación informativa e a represión dunha dirección que ignora as demandas do persoal e "nega a realidade"