Os gobernos da Unión Europea frearon outra vez este venres a oficialidade do galego —xunto ao catalán e o eúscaro— como linguas oficiais da UE, nunha decisión marcada polas persistentes dúbidas legais e financeiras que expresaron numerosos Estados membros sobre o impacto que tería unha reforma destas características no conxunto da Unión. O asunto, que non chegou sequera a ser votado no Consello de Asuntos Xerais en Bruxelas, volve así a quedar encallado, a pesar dos reiterados esforzos e argumentos do Goberno español para disipar as reticencias dos seus socios comunitarios.