Laura Arroxo é a nova secretaria nacional de CIG-Ensino despois da súa elección no IX Congreso do sindicato e substituye así ao sindicalista Suso Bermello. Arroxo reclama unha maior defensa do ensino público fronte á privatización e concertación. Pide unha repartición máis equitativa nos cocientes de alumnos por profesor, sobre todo no rural onde os profesores deben facer fronte a aulas con varios niveis educativos nun único espazo. Considera necesario derrogar o Decreto de Plurilingüismo de 2009 que considera "lingüicida" e considera a "neutralidade ideolóxica" unha forma de evitar unha formación completa do alumnado, obviando o educar a unha cidadanía crítica.