Nun ano catastrófico para os campos, que sofren nesta campaña do millo os efectos da sobrepoblación de xabarís, a Asociación de Perxudicacados pola Fauna Salvaxe en Galicia (APERFASA) iniciou un proceso xudicial contra tres tecores (terreos cinegéticamente ordenados) para reclamar os danos produto da actividade dos animais nos seus terreos. Andrés Saavedra, secretario da asociación, explica para Galicicapress que esta "é a única vía", que se enfrontan a unha poboación que podería superar os 300.000 exemplares e que podería supoñer "o fin da gandería porcina" se propaga a peste porcina.
A Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe de Galicia criticou a decisión da Consellería de Medio Ambiente de permitir a caza todos os días da semana en 33 municipios declarados en alerta por jabalíes. Para a plataforma, a medida "presenta graves problemas que van lastrar a súa eficacia e que seguramente se poderían solucionar".