Rodada integramente en galego en diferentes localizacións de Marín e Vigo, a película de Fazáns tamén inaugurará en decembro o Novos Cinemas de Pontevedra, festival que clausurará 'Así chegou a noite'
A película 'A Estación Violenta', que versa sobre a noite e o underground galego, celebrará un pase de preestrea en tres cidades galegas: o 31 de maio en Santiago (Numax), o 1 de xuño en Vigo (Multicines Norte) e o 2 de xuño en Pontevedra (Vialia), poñendo en valor a música alternativa galega.