O acordo alcanzado entre HM Hospitais e a Universidade Internacional da Empresa cristalizará o ano que vén coa posta en marcha do grao de Enfermaría, unha carreira que busca aumentar o número de profesionais nun colectivo onde faltan cada vez máis mans. A directora do Centro Universitario HM Hospitais (CUHMED), Alicia de la Cuerda, explica a Galiciapress o modelo que busca implementar HM Hospitais en Galicia, coa atención ao usuario, a investigación e a formación como eixos na folla de ruta da firma.