Galicia mantíñase á marxe das polémicas caceroladas contra a xestión da crise do coronavirus. Con todo, polo menos A Coruña e Vigo xa acolleron mobilizacións deste tipo e, ademais, o sábado Vox organiza marchas en coche en cinco cidades do país. Desde o independentismo galego prepárase unha resposta "antifascista".