José Luís Pajón é o alcalde de Ourol, un dos numerosos municipios afectados polo abandono rural. Cunha poboación que actualmente non chega aos 1.000 habitantes, Ourol tivo momentos nos que superou os 5.000. As ofertas laborais e mellor remuneradas, a emigración, a compra de vivendas noutros municipios con mellor oferta de servizos públicos, foron parte dos elementos que "baleiraron" de xente a este municipio da Mariña e que linda con Terra Cha. Aínda que por agora se solucionou en parte a falta de médico, existen outros asuntos que, segundo o alcalde sería necesario solucionar.
Luís Eusebio Fidalgo é o presidente da Federación Galega de Caza. Para Fidalgo a caza é un elemento de consolidación e asentamento en áreas rurais, por tanto, a actividade cinexética posúe valores para evitar o abandono rural. Non cre nunha emerxencia cinexética en relación ao xabaril, pero si considera que os cazadores deben formar parte de toda iniciativa necesaria para o control de enfermidades que poida transmitir o xabaril á cabana gandeira. É partidario dunha regulación sobre a poboación do lobo e que esta póidase controlar, non sinala directamente a efectuar batidas pero si ao control deste animal ante posibles danos ás cabezas de gando silvestre e en extensivo.