Accidente mortal no Porriño: morre un condutor nunha saída de vía
Os feitos, ocorridos ao redor das 11 horas, apuntan a unha indisposición como posible causa do sinistro.
Un home faleceu este martes nunha saída de vía co coche no municipio pontevedrés do Porriño, tras sufrir unha posible indisposición mentres conducía.
Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 11.00 horas da mañá. Varias persoas alertaron ao número de emerxencias dun accidente no quilómetro 18 da A-55 ao seu paso por Atios.
Os alertantes indicaban que o condutor se atopaba en parada cardiorrespiratoria, polo que solicitaban asistencia sanitaria urxente.
Así, o 112 pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil.
Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaban o falecemento do condutor, único ocupante do vehículo. As primeiras hipóteses apuntan a que o home sufriu unha indispoisición previa que provocou que perdese o control do coche e saísese da vía.
Escribe o teu comentario