Decretan prisión provisional para o detido por presunta agresión sexual a un menor en Vigo
A xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Vigo, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home detido por unha agresión sexual a un menor nos baños do Centro Comercial Vilia.

O home, segundo informaron fontes xudiciais, ten antecedentes xa que foi condenado por unha agresión sexual a un menor cometida en 1999.
O home foi detido este venres, segundo detallou o delegado do Goberno, Pedro Blanco, que non achegou moitos máis datos para "non interferir na investigación".
Escribe o teu comentario