Dous gardas civís feridos tras atropelalos un condutor bébedo na autoestrada AP9 en Vigo
Os axentes estaban a regular o tráfico por un sinietro na saída do aeroporto cando outro coche llos levou por diante a eles e ao seu vehículo.
Un condutor ebrio atropelou na noite deste pasado mércores en Vigo a dous gardas civís que regulaban o tráfico tras un accidente rexistrado na AP-9 ao seu paso por Vigo.
Segundo fontes da Benemérita consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron á altura da saída de Peinador da autoestrada, onde se produciu unha colisión entre dous coches.
Até alí desprazouse unha primeira patrulla e, despois, outros dous axentes chegaron ao lugar para sinalizar o tráfico. Foi nese momento, sobre as 21.00 horas, cando outro vehículo arroiou a estes últimos funcionarios, impactando tamén contra o coche oficial.
Por iso, tiveron que ser trasladados ao hospital Vithas Vigo, aínda que o seu estado non reviste gravidade.
Ademais, o condutor deste terceiro vehículo foi sometido a unha proba de alcoholemia, arroxando un resultado positivo.
Escribe o teu comentario