Case dous anos de cárcere para o veciño de Vigo que afogou ao can da súa noiva no cubo da fregona

"Un problema menos", dixo o investigado tras acabar coa vida do animal nun claro exemplo de violencia vicaria.


|

191127 Xulgados 5
Foto: Xunta.gal

 

O Xulgado do Penal número 3 de Vigo condenou a un ano e oito meses de cárcere a un home por afogar no cubo da fregona ao can da súa noiva tras unha discusión, causándolle a morte ao animal.

Así, a xuíza considérao responsable dun delito contra animal doméstico, condenándoo a unha pena dun ano e oito meses de prisión, así como a tres anos e medio de inhabilitación especial para o exercicio de profesión, oficio ou comercio relacionado con animais e para a tenencia de animais.

Ademais, en concepto de responsabilidade civil, o home terá que indemnizar á muller con 5.000 euros polo prexuízo moral ocasionado e o valor do animal, así como os gastos da autopsia do mesmo.

Segundo o relato de feitos probados da sentenza, todo ocorreu na noite do 10 de xuño de 2023, cando o acusado foi recoller á súa parella por aquel entón ao traballo. Nun momento dado, iniciouse unha discusión entre ambos, que continuou cando chegaron ao domicilio que compartían.

Alí, cando ela foise ao seu dormitorio, o noivo "co fin de menoscabar a integridade e a vida" do animal, agarrouno mantendo a cabeza da cadela mergullada na auga dun cubo de fregona que estaba no salón.

Cando a muller o sorprendeu, sacou á cadela da auga e tratou de reanimala, pero o animal faleceu. Pola súa banda, o acusado díxolle: "Un problema menos".

Por todo iso, foi condenado a un ano e oitos meses de prisión. A pesar de todo, a sentenza é recorrible ante a Audiencia Provincia de Pontevedra.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE