Nove persoas feridas nun accidente con catro vehículos implicados en Vigo

O accidente tivo lugar ao redor das 21:00 horas do venres


|

Avenida de Europa
Arquivo - Avenida de Europa, en Vigo, onde tivo lugar o accidente / Foto: Google Street View

Nove persoas resultaron feridas, entre elas tres menores de idade, tras unha colisión múltiple entre catro vehículos na avenida de Europa, en Vigo.

 

Segundo indicou a Central de Emerxencias, o suceso tivo lugar arredor das 21:00 deste venres e foron varios parciulares os que chamaron para alertar da situación.

 

Así, un total de oito persoas foron trasladadas aos centros hospitalarios de referencia e unha delas tivo que se liberada ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos implicados.


No operativo participou persoal sanitario do 061, ademais dos Bombeiros de Vigo, axentes da Policía Local da urbe olívica e os membros de Protección Civil da cidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE