Accidente en Baiona: excarceran ao condutor dun turismo que quedou envorcado na calzada

Un condutor necesitou ser excarcerado polos bombeiros tras envorcar o seu coche ás 3,30 horas da madrugada deste xoves no municipio pontevedrés de Baiona, na rúa Pardanela.


|

Os feitos ocorreron de madrugada, ao redor das 3:30 horas, na rúa Pardanela de Baiona. 

 

Foi o propio vehículo o que, a través dun sistema de alerta integrado, alertou a Emerxencias do ocorrido. No coche viaxaban dúas persoas, pero tan só foi excarcerado o piloto.

 

Accidente Baiona
Accidente Baiona | Foto: @g24noticias

 

Un condutor necesitou ser excarcerado polos bombeiros tras envorcar o seu coche ás 3,30 horas da madrugada deste xoves no municipio pontevedrés de Baiona, na rúa Pardanela.

O 112 Galicia foi informado, polo sistema de aviso de emerxencia integrado no coche implicado, dun sinistro con dúas persoas afectadas, que nun primeiro momento non contestaban e parecían estar atrapadas. Momentos despois, un particular confirmaba o accidente e indicaba á central de Emerxencias de Galicia que era un dos ocupantes o que non podía abandonar o vehículo polos seus propios medios, e da necesidade de asistencia sanitaria urxente. O outro ocupante non estaba atrapado.

 

EXCARCERACIÓN

Tras ter constancia do accidente, o 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Porriño e aos de Vigo, ao GES de Val Miñor, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local de Baiona.

Foron os Bombeiros de Porriño e de Vigo, así como o GES de Val Miñor, os encargados da excarceración do condutor do vehículo, que foi finalmente trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

A continuación, solicitouse a intervención dos servizos de mantemento da estrada a fin de restablecer o tráfico coa maior celeridade.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE