Nai asasinada polo seu propio fillo en Lugo tras sufrir o agresor un brote psicótico

Aínda que a muller foi trasladada ao HULA en primeira instancia, non se puido facer nada por salvarlle a vida. 


|

HIlSh61W0AAz0Su
Foto: @g24noticias

 

Consternación e tristeza profunda esta mañá en Lugo, onde a cidade se espertou coa espantosa noticia de que un home, que responde as iniciais J.J.R.N. segundo as últimas informacións, de 45 anos e con problemas psiquiátricos, arrebato a vida á súa nai esta madrugada a puñaladas. A muller, M.N.N de 76 anos de idade, aínda que foi trasladada con vida ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), non puido recuperar da gravidade das súas feridas.

 

SUCESO

Os feitos ocorreron na cidade amurallada na noite do domingo ao luns nunha vivenda na Praza de Bretaña. As primeiras investigacións apuntan a que o home, que padce un trastorno psiquiátrico, podía sufrir un brote psicótico.

 

HULA entrada1.grande
HULA

 

Foi o marido da muller e pai do presunto asasino o que se atopou coa escena ao regresar ao domicilio, momento no que deu a voz de alarma aos equipos de emerxencia, que ao acudir no lugar atoparon á muller en estado grave. A pesar da súa intervención e ao traslado ao HULA, confirmouse á primeira hora da mañá o deceso da vítima, xubilada tras anos traballado na s oficinas da Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo. 

 

Axentes da Policía Local e Nacional deron co agresor, cando se dirixía á estación de autobuses, e procederon ao seu arresto. A muller presentaba varias feridas de arma branca no corpo. O investigado permanece ingresado na área de Psiquiatría do HULA con escolta policial.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE