Nove de cada 10 mulleres en explotacións galegas realizan traballo familiar
O dato choca co sete de cada dez homes na mesma situación
O traballo familiar continúa sendo o núcleo do emprego feminino no medio rural, aínda que nas dúas últimas décadas apréciase unha progresiva diversificación. En 2023, o IGE rexistrou 26.564 mulleres e 37.450 homes vinculados ao traballo agrario. Delas, 22.659 realizaban tarefas familiares, mentres que 3.905 tiñan contratos asalariados, fronte aos 10.659 homes nesa categoría.
En 2003, o traballo familiar representaba practicamente a totalidade do emprego feminino agrícola, pero o seu peso baixou en favor da titularidade directa e os contratos fixos. Este cambio, aínda que gradual, reflicte unha maior profesionalización das mulleres no campo.
Paralelamente, na Administración galega a presenza feminina creceu un 30% entre 2009 e 2024, alcanzando tres cuartas partes do persoal público, con especial aumento en sanidade, docencia e xustiza.
Escribe o teu comentario