Dous feridos, un deles policía, nun accidente de tráfico en Ribeira

Tres vehículos arden en Ames sen danos persoais


|

Accidente tráfico @g24noticias
Accidente tráfico @g24noticias

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas un axente de Policía, nun accidente de tráfico ocorrido na madrugada deste sábado no municipio coruñés de Ribeira.

 

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse ao redor da unha da madrugada no quilómetro 0 da DP-7302, na primeira saída cara a Baiuca, na parroquia de Artes. No accidente víronse implicados dous vehículos e foi necesario o desprazamento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Nacional e Local, os Bombeiros de Ribeira e o Grupo de Apoio en Emerxencias Municipal (GAEM).

 

Os feridos foron trasladados a un centro hospitalario, sen que se facilitaron máis detalles sobre o seu estado. A vía quedou cortada durante uns minutos até a retirada dos coches.

 

Tres vehículos calcinados en Ames

Por outra banda, tres coches quedaron completamente calcinados este venres pola noite nun aparcadoiro aberto de Ortoño, en Ames, sen que se rexistrasen danos persoais.

 

O lume comezou pasadas as 22.00 horas nun vehículo estacionado detrás do centro médico, na Travesía do Pedral, e estendeuse aos que estaban a ambos os dous lados. Até o lugar acudiron os Bombeiros de Santa Comba, o GES de Brión, a Garda Civil, a Policía Local, Protección Civil de Ames e os Bombeiros de Santiago.

 

O GES de Brión logrou extinguir as chamas antes da chegada dos demais equipos, confirmando que os tres coches arderon por completo. As causas do incendio investíganse.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE