As montañas de Lugo reciben as primeiras neves do ano mentres seguen caendo os termómetros
Pedrafita do Cebreiro é un dos lugares varridos polas nevadas.
As primeiras neves do outono chegaron á montaña de Lugo, con estampas nevadas en lugares como Pedrafita do Cebreiro.
Meteogalicia informa de que a cota de neve baixou este xoves a entre os 800 e 900 metros de altura, unha xornada con temperaturas por baixo de 5 graos en gran parte de Galicia.
Ademais, prevense chuvascos máis probables na metade norte, unido a xeadas en zonas de interior e vento do norte. O ceo está máis aberto na metade sur.
Xa de face a este venres, 21 de novembro, a cota de neve manterase en 800 metros e sen cambios significativos nas temperaturas marcadas polo frío. Espéranse ceos nubrados con choivas illadas e ocasionais nas primeiras horas polo norte.
Escribe o teu comentario