O ente da Xunta que tutela a adultos non ten ninguén ao volante

Hai anos que asociacións que coidan de persoas con discapacidade alertan do número moi insuficiente de funcionarios para atender aos miles de persoas cuxa tutela legal deppende da Administración de Galicia. O problema agravouse estes días ao non encontrale por agora substituto ao director da Funga, un antigo candidato do PP de Ferrol, que se foi a outro posto.


|

Archivo - La conselleira de Política Social, Fabiola García, visita el centro ocupacional de Rois
Arquivo - A conselleira de Política Social, Fabiola García, responsable da Funga, visita o centro ocupacional de Rois


 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu que o feito de que estea vacante o cargo de máximo responsable da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga), tras ser designado Juan José Couce Prego director territorial de Emprego na Coruña, non implica a desatención de persoas tuteladas.

"Que non haxa agora mesmo un máximo responsable na Funga non quere dicir que non se estea traballando para atender a todas as persoas que están baixo tutela. Procederase a nomear a un responsable, pero mentres non quere dicir en ningún caso que se estea deixando de atender as súas necesidades diarias", defendeu Rueda, a preguntas dos xornalistas na comparecencia posterior ao Consello da Xunta.

No que respecta a cuestións máis precisas do seu funcionamento e áreas que poida proceder "mellorar", remitiu á Consellería de Política Social co argumento de que non se trataba dun asunto abordado especificamente este luns na reunión semanal do seu Goberno.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE