A onda de calor recruarase provocando alertas naranaja en zonas de Pontevedra e Ourense

A maioría de Galicia estará baixo alerta por altas temperaturas máximas sábado, domingo e luns entre as tres e as nove da tarde. A maioría das alertas serán amarelas, pero no val do Miño en Ourense e Pontevedra chegarán a laranxa rozando os corenta graos o domingo e este sábado. Así figura no último parte oficial de Meteogalicia.


|

Dúas persoas refréscanse nuns chorros durante un día da segunda onda de calor de verán en España, ao 14 de xullo de 2022, en Ourense,
 

As alertas de Axencia Estatal de Meteoroloxía son similares ás de Meteogalicia. O peor, en termos xerais, levarallo o sur da autonomía.

 

 

 

A Xunta de Galicia, a través do seu Comité de Plan de Calor e no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, activou a situación de alerta por calor nivel 2 nas provincias de Pontevedra e Ourense; e de nivel 1 no interior da provincia da Coruña e na montaña de Lugo.

Máis detalladamente, en nivel 2 permanecerá toda a provincia de Pontevedra durante dous días, coa previsión de que o episodio remita o martes. En Ourense a alerta manterase durante tres días, esperando que remita a situación o mércores.

 

Screen Shot 2022 07 31 at 18.21.28
Mapa de alertas meteorolóxicas de MeteoGaliicia para o luns



En nivel 1 estarán a zona interior da Coruña, durante dous días, coa previsión de que o episodio remita na xornada do martes. Os concellos afectados son Ames, Aranga, Arzúa A Baña,Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa,Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes deGarcía Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso,Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra,Vedra e Vilasantar.

A zona da montaña de Lugo permanecerá tres días baixo o nivel de alerta 1, que se espera que remita o mércores. Estímase que afecte as localidades de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

Segundo explica Meteogalicia, a presenza continuada dunha masa de aire cálido sobre a península, con orixe no norte do continente africano, xunto ao bloqueo que exercen as altas presións estacionarias que se estenden desde os Azores ata o noroeste de Galicia, provocan un quecemento do aire.

Unha situación que trae temperaturas moi elevadas, especialmente na metade sur da Comunidade. O martes comezará a debilitarse a barreira anticiclónica, así que non se descarta a progresiva entrada de aire algo máis húmido que favorecerá a formación de néboas no litoral de Pontevedra, así como un leve descenso das temperaturas en todas as áreas.

Ante esta situación, Sanidade recomenda beber máis líquidos do habitual, evitar inxerir bebidas quentes, alcohólicas, café, té e outras moi azucradas, usar roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada e con cores claras, chapeus, lentes de sol e cremas protectoras do sol.

No exterior dos edificios evitarase, na medida do posible, as actividades nas horas máis calorosas, reducirase a actividade física, e cando se estacione o coche, non se deberá deixar no interior nin a nenos nin a persoas maiores, tampouco a animais de compañía.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE