O Parque de Bombeiros de Vilalba pecha até o luns por falta de efectivos

O Consorcio Provincial Contraincendios recolocou aos efectivos do parque vilalbés en Barreiros.


|

Camión bomberos
Camión bombeiros

O Parque de Bombeiros de Vilalba non prestará servizo até este luns ás 9,00 horas por falta de efectivos, ao non presentar todos os fixados como servizos mínimos por mor da folga que leva adiante este colectivo.

Segundo informou o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo, do tres efectivos que tiñan que presentar este domingo a traballar no Parque de Bombeiros de Vilalba para cubrir os servizos mínimos, só acudiron dous.

O Consorcio "tentou facer mobilidade de traballadores desde outros parques, pero non foi posible porque cobren os servizos mínimos" e "avisados mediante comunicación certificada os reténs designados no cuadrante, tampouco se presentaron".

Ante esta situación, o Consorcio decidiu recolocar aos dous efectivos de Vilalba en Barreiros, desde onde se atenderán as posibles incidencias, e o Parque de Vilalba non prestará servizo até mañá ás 9,00 horas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE