Reclaman seis anos de cárcere para un veciño de Ribeira por distribuír pornografía infantil
Utilizaba para iso as redes de intercambio de arquivos 'Peer to Peer', concretamente a rede 'BitTorrent'
A Fiscalía pide seis anos e nove meses de cárcere para un home acusado de distribuír pornografía infantil en Ribeira. O caso, que se xulgará na Sección sexta, con sede en Santiago, da Audiencia Provincial da Coruña, procede do Xulgado de Instrución nº1 de Ribeira.
Segundo relata o Ministerio Fiscal nun comunicado, o acusado, "con ánimo libidinoso", distribuíu e compartiu, desde a súa dirección de IP, 408 arquivos de vídeos e fotografías de pornografía infantil, de contido pedófilo, nos que aparecían nenos menores de 16 anos realizando actos de natureza sexual con maiores de idade.
Utilizaba para iso as redes de intercambio de arquivos 'Peer to Peer', concretamente a rede 'BitTorrent'.
A Fiscalía considera que os feitos descritos son constitutivos dun delito continuado de corrupción de menores, polo que consideran que procede imporlle ao acusado unha pena de seis anos e nove meses de pisión, así como o pago das costas.
Escribe o teu comentario