O portavoz do PSOE de Santiago, Gonzalo Muíños, expulsado do partido por "indisciplina reiterada"
A resolución do expediente disciplinario aberto pola formación contra o edil expulsa ao político que desobedeceu ao partido e votou, con outros, a favor dunha ordenanza sobre a regulación das vivendas de uso turístico (VUT).
O portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, foi expulsado do Partido Socialista, tal e sinala a resolución do expediente disciplinario aberto pola formación.
Segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press, no expediente de expulsión atribúeselle unha "indisciplina reiterada" e suspéndeo de militancia e cargo público durante 18 meses por dez incumprimentos da normativa do partido que supoñen a comisión de infraccións graves ou moi graves.
Todo iso a raíz do conflito na agrupación local do PSOE que estalou no pleno que o Concello celebrou o pasado 24 de xuño, no que todos os edís desafiaron a directriz marcada pola dirección local, capitaneada por Aitor Bouza, e votaron a favor dunha ordenanza sobre a regulación das viviendas de uso turístico (VUT).
No marco do conflito no seo da agrupación local e na mesma xornada na que se celebraba o pleno, a dirección local aprobou a substitución de dúas dos asesores do grupo, unha orde que o portavoz municipal non asinou e pola que os dous afectados continuaron traballando para os concelleiros.
Escribe o teu comentario