Varios mortos nun accidente de tráfico esta noite en Vedra

Polo menos dúas persoas morreron nun tráxico accidente múltiple de tráfico na estrada N-525, na parroquia de Santa Cruz de Rivadulla, Vedr, preto de Santiago.


|

Accidentemortalvedra
Accidente en Vedra , unha imaxe da Televisión de Galicia

O accidente ocorreu pasada a medianoite e envolveu a tres vehículos. A colisión comezou cun choque frontal entre dous coches, un dos cales saíu despedido e caeu por un barranco. O outro vehículo impactou contra un terceiro coche que circulaba na mesma dirección. 

 

Aínda que as primeiras informacións apuntaban a dous mortos, agora poden ser tres. Os falecidos serían os condutores e o copiloto dos vehículos involucrados na primeira colisión. 

 

A Garda Civil investiga o accidente, que podería estar relacionado co exceso de velocidade.

 

A estrada estivo cortada ao tráfico pero xa está aberta.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE