Atasco quilométrico dirección Vigo: desprendemento de terra na VG-20

Nese mesmo punto, unhas horas antes, rexistrouse un choque por alcance entre un camión e un turismo


|

Retenciones en la VG-20 en Vigo, por desprendimiento de tierra en la calzada.
Foto: EP

 

Un desprendemento de terra obrigou a cortar momentaneamente un carril no punto quilométrico 13, en sentido Pontevedra, da VG-20 en Vigo, o que causou retencións de até 4 quilómetros.

O incidente producíase á primeira hora da tarde, segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico, e foi necesario cortar un carril, o que provocou retencións entre os puntos quilométricos 8 e 13 da vía, nas inmediacións do hospital Álvaro Cunqueiro, entre Beade e Valadares.

Fontes da DXT confirmaron que os servizos de mantemento da vía xa limparon a calzada e púidose reabrir o carril pecho, polo que ha circulación normalizouse.

Dáse a circunstancia de que, nese mesmo punto, unhas horas antes, rexistrouse un choque por alcance entre un camión e un turismo. O propio condutor do camión alertou ao 112 do accidente, e explicou que se produciu porque tivera que frear ao atopar restos dunha árbore na calzada.

O 112 Galicia alertou á Garda Civil de Tráfico e ao 061, e informou de que o condutor do coche resultara ferido.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE