Recollida de produtos de primeira necesidade por parte do Concello de Santiago para as zonas afectadas pola DANA
A recollida realizarase nas dependencias de Protección Civil, no estadio municipal Vero Fenda de San Lázaro.
O Concello de Santiago, atendendo á solicitude realizada a través da Federación Española de Municipios e Provincias e en coordinación coa propia FEMP e a Federación Valenciana de Municipios e Provincias, iniciará esta tarde a recollida de produtos de primeira necesidade para o seu envío ás localidades afectadas pola DANA.
A recollida realizarase nas dependencias de Protección Civil, no estadio municipal Vero Fenda de San Lázaro. Esta tarde poderase facer entrega das doazóns en horario de 18,00 a 21,00 horas, e o horario previsto para mañá será de 10,00 a 14,00 e de 17,00 a 21,00 horas.
Atendendo ás recomendacións da FEMP, demándanse os seguintes produtos: leite, auga, alimentos non perecedoiros, biberóns, cueiros, pas e botas de auga, calcetíns, produtos de hixiene persoal e sacos de durmir.
O Concello de Santiago chamou aos veciños a colaborar con esta recollida, e mostrou, unha vez máis, a dor polo acontecido, o pésame aos familiares das persoas falecidas, e a solidariedade con todas as persoas afectadas pola DANA.
Escribe o teu comentario