Aparece o corpo da menor de Ordes desaparecida en Fisterra preto da praia de Mar de Fóra

Foi un pesqueiro que faenaba na zona o que fixo o achado. Segundo informaron fontes da Garda Civil, o achado produciuse sobre as 9,40 horas da mañá a 1,5 millas da praia de Mar de Fóra, o lugar no que se perdeu a pista da moza fai máis dunha semana
 


|

Fotografía de Adriana, la joven de Ordes desaparecida.
Fotografía de Adriana, a moza de Ordes desaparecida.

 

Un pesqueiro que faenaba pola zona localizou esta mañá no mar, nas proximidades da paya de Mar de Fóra, en Fisterra, o corpo dunha moza que, a falta da confirmación de ADN, é o da menor de 14 anos desaparecida hai nove días en Ordes.

Segundo informaron fontes da Garda Civil, o achado produciuse sobre as 9,40 horas da mañá a 1,5 millas da praia de Mar de Fóra, o lugar no que se perdeu a pista da moza fai máis dunha semana.

A embarcación de Salvamento Marítimo Salvamar Régulus foi mobilizada para recoller o corpo e trasladalo a terra, onde será conducido ao Imelga para a realización da autopsia e a confirmación da súa identidade.

Aínda que a identificación é provisional, as mesmas fontes apuntan a que as características e a roupa que leva fan crer que se trata efectivamente da moza desaparecida, polo que tamén se suspendeu o operativo de procura que se mantiña desde hai nove días na área.

A familia da menor denunciou o martes 22 a súa desaparición, despois de que non regresase a casa do instituto. As investigacións e a localización do seu teléfono permitiron determinar que ese día se desprazou en autobús a Santiago e, desde alí, a Fisterra, onde mantivo contacto telefónico con amigas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE