Masiva mobilización solidaria en València para axudar ás persoas damnificadas

A Generalitat pide ás persoas voluntarias que non se despracen aos lugares afectados por colapso nas vías de comunicación


|

Movilizaciu00f3n Valu00e8ncia
Mobilización en València/@Guaitafran

As redes sociais están a mostrar o apoio e solidariedade na Comunitat Valenciana cara ás zonas e as xentes afectadas pola última DANA. Así, desde a rede X pódense ver centos de persoas mobilizar e portando diferentes ferramentas (pas e escobas, sobre todo) para axudar no posible coas tarefas de limpeza e rebo.


 

Pola súa banda, o goberno da Generalitat comunicou a través do seu perfil de X a seguinte mensaxe: “Desde o profundo agradecemento pola axuda que se está prestando ás poboacións afectadas, pedimos por favor que non se despracen até esas zonas porque se están colapsando as vías e os servizos de emerxencia non poden acceder. Grazas pola vosa comprensión”.

 

Generalitat
Generalitat


 

Ao mesmo tempo, son moitas as mostras de apoio á decisión que tomou a Universidade de Valencia de suspender as clases varias horas antes de que irrompese a DANA. A acción evitou consecuencias desastrosas e perigosas para a vida dos estudantes, persoal universitario e profesorado segundo estudantes, familiares e expertos en protección civil.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE