Incendio no colexio Junior's de Santiago provoca a alarma dos veciños

O recinto leva anos semiambandonado tras o peche do centro educativo. Ardeu por completo unha das cabanas de madeira que se alugan a empresas para aloxar empregados e as chamas chegaron ao monte antes de que os bombeiros apagasen o lume. Nos labores de extinción participou un helicóptero.


|

Incendio en el antiguo colegio Junior's
Incendio no antigo colexio Junior's nunha imaxe de CRTVG



Os bombeiros traballan na tarde deste luns en apagar un incendio que devorou unha das casas de madeira do recinto do antigo colexio Junior's, no barrio compostelán da Silvouta, e que tamén calcinou un anaco de monte. Afortunadamente, non houbo que lamentar persoas feridas.

Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, era un particular quen avisaba sobre as 17.45 horas da tarde de que saía fume negro dunha destas vivendas que, finalmente, ardeu por completo.

Seguidamente, o 112 deu aviso ao parque de bombeiros de Santiago, á Policía Nacional, á Local, a Protección Civil e a Urxencias Sanitarias-061, por si fose precisa a súa intervención.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, desprazouse até o lugar e, en declaracións aos medios, chamou á "tranquilidade" porque está "todo controlado". Ademais, confirmou que "non hai persoas feridas" nin tampouco "ningún risco" para a poboación.

Sanmartín explicou que o lume, orixinado nunha das varias casetas do complexo, foi "moi rápido" e chegou a afectar a un anaco de monte, aínda que "rapidamente" chegaron os bombeiros forestais. Unha vez extinguidas as chamas, avanzou a rexedora, tocará "avaliar danos".

O colexio Junior's pechou durante a pandemia e nos últimos anos serviu como instalacións para empresas de moi diferentes sectores.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE