O PSOE culpa a Borja Verea de "embarrar" as eleccións tras denunciar o PP a Bugallo nos xulgados

Os socialistas responden ao último movemento dos conservadores, coñecido hoxe. O PP de Santiago non só acusa o alcalde, tamén a seis concelleiros e a un cargo do sindicato UXT.


|

 

 

 

O PSOE de Santiago cualificou de "estratexia electoral" a denuncia presentada este luns polo PP local contra o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo e seis concelleiros socialistas da corporación municipal polo aluguer dunha nave propiedade da empresa Desproi vinculada co exconcejal de Medio Rural, José Manuel Pichel.
 

Borja Verea, candidato a presidir el PP de Santiago de Compostela.
Borja Verea, candidato do PP nunha foto de arquivo.


Para os socialistas, esta denuncia chega "casualmente" o mesmo día no que se convocan as eleccións municipais, polo que consideran que é unha actuación que "só se pode entender dentro da estratexia electoral habitual dun partido que ten por costume levar aos xulgados o que non pode gañar nas urnas".

"É evidente que

 É, polo menos, curioso, que tendo coñecemento desta situación desde decembro de 2022, desde o Partido Popular de Santiago esperasen até xaneiro deste ano para facer pública a información e outro tres meses en realizar a denuncia", relata o PSOE santiagués nun comunicado.

Doutra banda, tamén consideran "casualidade" que se presente coincidindo no día que José Ramón Gómez Besteiro volve á política, "despois dunha actuación xudicial inxusta e inxustificada".
 

 Esta denuncia non busca responsabilidades políticas, que xa se asumiron de maneira inmediata, senón que hai unha clara intencionalidade política.


"Cada un decide como quere iniciar a súa campaña electoral", proclama o PSOE, antes de engadir que o Goberno local decidiu facelo "traballando polos veciños", "impulsando un polideportivo para Santa Marta, contratando rozas no rural ou dándolle un novo impulso á administración electrónica do Concello".

Pola contra, apunta, Borja Verea (candidato do PP á Alcaldía da capital galega) "preferiu facelo embarrando o xogo político e seguindo a mesma estratexia que os seus predecesores".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE