Catro persoas resultan feridas nunha colisión entre dous vehículos en Coristanco

Até o punto tivo que desprazar un helicóptero medicalizado


|

FsJyeYcWAAEySyg
O accidente tivo lugar ao redor das 16:00 horas en Coristanco / Foto: @HelicoSantiago

Catro persoas resultaron feridas despois de sufrir unha colisión entre dous vehículos na estrada DP-2904, ao seu paso pola parroquia da Rabadeira, na localidade coruñesa de Coristanco.

 

Segundo o 112, o accidente tivo lugar ás 16:00, momento no que un particular se puxo en contacto coa central de emerxencias para alertar dos feitos.

 

Os operadores requiriron a intervención dos servizos sanitarios, que mobilizaron até o punto un helicóptero medicalizado, dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Coristanco e da Garda Civil de Tráfico.


Así mesmo, a central de emerxencias tiveron que forzar indicou que se tivo que forzar a porta dun dos vehículos implicados para poder sacar con maior facilidade a dúas das persoas feridas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE